sábado, 14 de noviembre de 2009
7 aniversario do museo MARCO
HOXE!!!
Grandes descontos en PLAXIO! Revistas, arquitectura, cine, deseño, infantil...descontos ate o 50% Ven a celebrar o 7º aniversario do MARCO en PLAXIO!
sábado, 3 de octubre de 2009
SUMO
viernes, 3 de julio de 2009
Presentación BYPASS
Hoxe, presentación da publicación BYPASS ás 19.00 no salón de actos do MARCO intervendrán Gaëlle Silva Marques,Álvaro Seiça Neves.
A BYPASS é uma publicação hiperdisciplinar, editada por Álvaro Seiça Neves e Gaëlle Silva Marques, que convida vários autores, de diversas áreas e nacionalidades, a apresentarem um trabalho escrito/visual sobre o tema proposto para cada número. O tema do número inaugural é “ARQUITECTURA”
martes, 12 de mayo de 2009
Día Internacional dos Museos en PLAXIO!
Co motivo da celebración do día Internacional dos Museos, ao longo de toda esta fin de semana Plaxio tira a casa pola ventana obsequiando aos seus clientes con apetitosos descontos no material da libraría.
Non o podes perder, é o momento de facer o agasallo que estabas agardando.
Agora cos descontos do Día Internacional dos Museos podes.
Recorda:
Ao longo desta fin de semana descontos en PLAXIO!
Ven a celebralo!
miércoles, 29 de abril de 2009
Santiago Sierra en el MARCO
Tras máis de seis anos realizando exclusivamente exposicións colectivas, neste 2009 o MARCO inicia unha nova liña de exposicións individuais, ben de carácter retrospectivo, ou a través de proxectos específicos, como é o caso da proposta de Santiago Sierra, que ocupará todos os espazos da planta baixa do museo.
A exposición, que se inaugura o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, está precedida por unha "acción laboral" aberta ao público, que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de abril, en horario de 8 da mañá a 11 da noite.
Santiago Sierra (Madrid, 1966) é un dos artistas máis interesantes da escena artística internacional. O seu traballo, vinculado a estruturas sociais ou políticas, pretende cuestionar as relacións de poder establecidas, tanto no ámbito artístico coma no social. Nas súas obras interroga directamente o espectador sobre os límites impostos pola sociedade actual, capitalista e globalizada, sobre temas de grande carga política e social como a explotación laboral e a marxinación.
martes, 28 de abril de 2009
Comida para pensar.
martes, 21 de abril de 2009
Día Internacional do Libro
Esperámosvos!